SECCIÓN BILINGÜE NA MATERIA DE ÉTICA E CIDADANÍA
OBXECTIVOS
PROPOSTOS
Os
obxectivos propostos para esta sección bilingüe son:
Aumentar a
capacidade de lectura e a comprensión de textos escritos en inglés relacionados
coa ética e a súa terminoloxía.
Desenvolver
capacidades para a comunicación elemental oral e escrita en inglés sobre os
mesmos temas.
A consecución
destes obxectivos permitiralle ao alumnado participante integrarse plenamente
no proxecto de diversidade lingüística e cultural que forma parte da política
educativa da Consellería de Educación e Ordenación universitaria. Tamén axudará
ao acercamento do alumnado a outras culturas.
Ámbito de
desenvolvemento
A sección
bilingüe desenvolverase na materia de Educación para a Cidadanía correspondente
ao segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria.
Planificación
da extensión na etapa nos seguintes anos académicos
A
implantación desta sección bilingüe no segundo curso será continuada nos
vindeiros anos académicos. Unha vez avaliados os resultados comezarase cunha
posible ampliación a outras materias deste mesmo curso ou mesmo noutros cursos
da ESO.
Estratexias
metodolóxicas
Pola
experiencia de anos anteriores, as competencias en lingua inglesa dos alumnos é
relativamente baixa, especialmente nas destrezas de produción (speaking e
writing).
O uso do
inglés dos alumnos na súa actividade académica centrarase na lectura e consulta
de documentación en inglés e na comprensión de audios ou vídeos nesta lingua.
Tendo en
conta isto, a metodoloxía basearase nunha primeira parte, na capacidade de ler
e comprender textos escritos, adquirindo a terminoloxía específica.
Progresivamente traballarase a comprensión de textos orais.
De forma
simultánea, prestarase especial atención ao desenvolvemento das destrezas
básicas (listening, speaking, reading e writing). Realizaranse actividades
orientadas cara a expresión oral e escrita a un nivel axeitado para as
necesidades do alumnado.
Pautas para
a avaliación
A
avaliación realizarase en tres liñas:
Avaliación
da capacidade de compresión oral e de lectura da documentación específica da
materia de Educación para a Cidadanía en lingua inglesa.
Probas de
seguimento sobre a adquisición de contidos de gramática e vocabulario nas
clases de lingua inglesa e evolución do desenvolvemento das destrezas básicas
(listening, speaking, reading e writing).
Realización
das probas escritas e presentación de traballos en lingua inglesa cando así se
requira.
Alumnado
participante
Participarán
nesta sección bilingüe todos os alumnos do segundo curso de Educación
Secundaria Obrigatoria matriculados na materia de Educación para a Cidadanía.
Criterios para
avaliar a propia programación.
- Enquisa para a avaliación do profesor
,que é unha autoavaliación dos alumnos da materia sobre as actividades docente
realizadas polo profesor.
- Memoria fin de curso, na que, entre
outros temas, trátase da porcentaxe da programación impartida, a realización de
modificacións na mesma e as propostas de mellora para o seguinte curso
académico.
OBXECTIVOS
A Unión Europea inclúe como obxectivo dos sistemas
educativos velar por que se promova realmente, entre a comunidade escolar, a
aprendizaxe dos valores democráticos e da participación democrática co fin de
preparar as persoas para a cidadanía activa, en sintonía coa Recomendación
(2002)12 do Comité de Ministros do Consello de Europa.
Por outra parte, a Constitución española no seu artigo 1.1
refírese aos valores en que se debe sustentar a convivencia social, que son: a
liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político e, no artigo 14,
establece a igualdade de todos ante a lei e rexeita calquera discriminación por
razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición
ou circunstancia persoal ou social.O mandato constitucional e estas
recomendacións son os eixes que vertebran o currículo destas materias, cuxo
obxectivo fundamental é formar cidadáns libres e responsables.
A acción educativa debe permitir á mocidade asumir, dun modo
crítico, reflexivo e progresivo, o exercicio da liberdade, dos seus dereitos e
dos seus deberes individuais e sociais nun clima de respecto cara a outras
persoas e outras posturas morais, políticas e relixiosas diferentes da propia.
Para lograr estes obxectivos profúndase nos principios de
ética persoal e social e inclúense, entre outros contidos, os relativos á
condición social do ser humano, que non se esgota na mera cidadanía, e
involucra elementos afectivos e emocionais que non sempre pode regular a
normativa legal nin son competencia fundamental dun Estado. Igualmente, e tendo
en conta que unha nación non é só unha realidade xurídica senón tamén
simbólica, estas materias prestarán unha especial atención ao coñecemento e
respecto das institucións xurídico-políticas e dos símbolos propios de España e
da Unión Europea.
Neste sentido, abordaranse especialmente a promoción dos
dereitos, deberese liberdades que garanten os réximes democráticos, a creación
das normas xurídicas segundo a Constitución, o funcionamento do sistema
electoral e dos partidos políticos, as teorías éticas e os dereitos humanos,
como referencia universal para a conduta humana, así como os aspectos relativos
á superación de conflitos, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes
e mulleres, as
características das sociedades actuais, a tolerancia e a
aceptación das minorías e das culturas diversas.
A Educación para a Cidadanía está configurada nesta etapa
por dúas materias: a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, que se
imparte nun dos tres primeiros cursos e a Educación Ético-Cívica de cuarto
curso. Ambas as materias se estruturan en varios bloques que van desde o
persoal e o máis próximo ao global e máis xeral; en ambas existe un conxunto de
contidos comúns a estes bloques, que levan á adquisición de procedementos, habilidades
sociais e actitudes básicas para o desenvolvemento dunha boa convivencia e da
cidadanía democrática.
É común a ambas as materias partir da reflexión sobre a
persoa e as relacións interpersoais. Tamén son comúns o coñecemento e a
reflexión sobre os dereitos humanos, desde a perspectiva do seu carácter
histórico, favorecendo que o alumnado valore que non están garantidos pola mera
existencia dunha declaración, senón que é posible a súa ampliación ou o seu
retroceso. Finalmente, ambas as materias comparten o estudo das características
e problemas fundamentais das sociedades e do mundo global do século XXI.
A Educación Ético-Cívica de cuarto curso organízase en seis
bloques, que inclúen no primeiro deles os contidos comúns sinalados.
O bloque 2, Identidade e alteridade, céntrase nos valores da
identidade persoal, a liberdade e a responsabilidade.
No bloque 3, Teorías éticas, os dereitos humanos, inclúese a
análise das grandes liñas de reflexión ética e, particularmente, o referente
ético universal que representan as diferentes formulacións dos dereitos
humanos.
O bloque 4, Ética e política. A democracia. Os valores
constitucionais, aborda a análise dos fundamentos éticos e xurídicos do noso
sistema político democrático situándoo nun nivel de universalidade e de
abstracción racional superior ao de cursos anteriores, posible pola maior
madurez do alumnado desta idade.
O bloque 5, Problemas no mundo actual, analiza a
aproximación crítica a fenómenos tales como a globalización, as políticas de
axuda ao desenvolvemento, os conflitos bélicos e a actuación da comunidade
internacional na súa prevención e resolución.
O bloque 6, A igualdade entre homes e mulleres, volve ao
estudo de contidos xa tratados en cursos anteriores (a igualdade de dereitos
entre homes e mulleres no mundo laboral, así como a corresponsabilidade nas
tarefas domésticas e de coidado).
Neste curso óptase por incluír un bloque con entidade propia
que faga posible a reflexión en profundidade sobre a igualdade, a
corresponsabilidade e a liberdade.
1-
DE ETAPA
a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto polas outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.
b) Desenvolver e
consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como
condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e
como medio de desenvolvemento persoal.
c) Valorar e respectar a
diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles.
Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres.
d) Fortalecer as súas
capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións
coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera
tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos.
e) Desenvolver destrezas
básicas na utilización das fontes da información para adquirir novos
coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das
tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
f) Concibir o coñecemento
científico como un saber integrado que se estrutura en distintas disciplinas,
así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos
diversos campos do coñecemento e da experiencia.
g) Desenvolver o espírito
emprendedor e a confianza en si mesmos, a participación, o sentido crítico, a
iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar
decisións e asumir responsabilidades.
h) Comprender e expresar
con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá,
textos e mensaxes complexos e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da
literatura.
i) Comprender e expresarse
en máis dunha lingua estranxeira de xeito apropiado.
l) Coñecer, valorar e
respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propia e das outras
persoas, así como o patrimonio artístico e cultural, coñecer mulleres e homes
que realizaron contribucións importantes á cultura e á sociedade galega ou a
outras culturas do mundo.
m) Coñecer o corpo humano
e o seu funcionamento, aceptar o propio e o das outras persoas, aprender a
coidalo, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos do coidado e saúde
corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para
favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana
da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos
sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio,
contribuíndo á súa conservación e mellora.
n) Apreciar a creación
artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas,
utilizando diversos medios de expresión e representación.
ñ) Coñecer e valorar os
aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de
Galicia, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade
lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo
actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.
o) Coñecer e valorar a
importancia do uso do noso idioma como elemento mental para o mantemento da
nosa identidade.
2- DA MATERIA
1. Recoñecer a condición
humana na súa dimensión individual e social, tomando conciencia da propia
identidade, das características e experiencias persoais, respectando as
diferenzas cos outros e desenvolvendo a autoestima. (O. E. a, b, c, d, g)
2. Coñecer e expresar os
sentimentos e as emocións e desenvolver a afectividade nas relacións cos
outros, manifestando unha actitude aberta, solidaria e respectuosa, rexeitando
os estereotipos, os prexuízos e a violencia en todas as súas formas. (O.E. a,
b, c, d, g, ñ)
3. Desenvolver a
iniciativa persoal, actuar con autonomía, asumindo responsabilidades
individuais e colectivas, e practicar formas de convivencia e de participación
baseadas no respecto, utilizando o diálogo e a mediación para evitar e resolver
os conflitos. (O.E. b, d, e, l, m)
4. Coñecer, valorar e
exercer os dereitos e asumir responsablemente os deberes e as obrigas que se
derivan da declaracións internacionais de dereitos humanos, da Constitución
Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia, identificando os valores que os
fundamentan. (O.E. b, g, l, ñ, o)
5. Asumir a pluralidade
das sociedades actuais recoñecendo a diversidade como enriquecedora da
convivencia e defender a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as
persoas, rexeitando as situacións de inxustiza e as discriminacións existentes
por razón de sexo, orixe, crenzas, diferenzas sociais, orientación
afectivo-sexual ou de calquera outro tipo, como unha vulneración da dignidade
humana e causa perturbadora da convivencia. (O.E. c, l, n)
6. Recoñecer e asumir a
igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, valorar a
diferenza de sexos rexeitando os estereotipos e prexuízos que supoñan
discriminación e participar activamente na prevención da violencia de xénero.
(O.E. a, b, c, d, l, m)
7. Coñecer e apreciar os
principios e valores que fundamentan e lexitiman os sistemas democráticos e o
funcionamento da Comunidade Autónoma de Galicia, do Estado español e da Unión
Europea, tomando conciencia do patrimonio común e da diversidade social e
cultural. (O.E. l, n, ñ)
8. Coñecer os fundamentos
do modo de vida democrático e aprender a obrar baseándose neles nos diferentes
ámbitos da convivencia. Asumir os deberes cidadáns na manutención dos bens
comúns e recoñecer o papel do Estado como garante dos servizos públicos. (O.E.
e, f, l)
9. Coñecer as diversas
formas de participación política, desenvolver habilidades de diálogo orientadas
á participación democrática e valorar a importancia da participación cidadá,
ben sexa na vida política institucionalizada, ben noutras formas de
participación como a cooperación, o asociacionismo e o voluntariado. (O.E. e,
f, l)
10. Coñecer as causas que
provocan a violación dos dereitos humanos, a pobreza e a desigualdade, así como
a relación entre os conflitos armados e o subdesenvolvemento. Valorar as
accións encamiñadas á consecución da paz e da seguridade e a participación
activa como medio para lograr un mundo máis xusto. (O.E. d, e, f, l)
11. Recoñecerse membros dunha
cidadanía global, baseada nos valores da liberdade, a igualdade e a xustiza e
implicarse activamente na súa realización, comezando por mostrar respecto
crítico polos costumes e modos de vida de poboacións distintas á propia e
manifestar comportamentos solidarios coas persoas e colectivos desfavorecidos.
(O.E. a, b, c, d, f)
12. Coñecer e analizar as
principais teorías éticas que máis contribuíron ao recoñecemento das liberdades
e dos dereitos das persoas. (O.E. e, f, l)
13. Identificar as
posicións morais que están na orixe dos principais problemas e conflitos do
mundo actual, valorar a importancia da análise ética na orientación da súa
resolución e desenvolver unha actitude crítica ante os modelos que se
transmiten a través dos medios de comunicación, mediante a adquisición de
destrezas básicas na utilización das fontes de información. (O.E. e, f, l)
14. Adquirir un pensamento
crítico, desenvolver un criterio propio e adquirir habilidades para comunicar
as propias ideas e defender as propias posicións en debates, a través da
argumentación documentada e razoada, así como para escoitar e valorar as razóns
e argumentos dos outros. (O.E. b, d, g)
15. Practicar o diálogo
coa realidade social en continuo proceso de transformación, como instrumento
para a análise crítica das conviccións persoais e a formulación dun proxecto de
vida propio, na dimensión persoal, cívica e profesional. (O.E. e, g, h, l)
3-DO PROXECTO CURRICULAR
1. Dominar as claves da linguaxe e do
vocabulario propios da materia de Educación ético-cívica a través da lectura
comprensiva dos textos traballados durante o curso.
2. Comprender e xustificar mediante
razoamentos de nivel ético, e utilizando a autoridade moral e científica de
pensadores históricos, o valor da vida e da persoa.
3. Comprender os trazos básicos da
moralidade humana na súa práctica individual e social, valorando o significado
da dignidade da persoa, a liberdade como proxecto e a autonomía moral en todos
os seres humanos.
4. Identificar con claridade e xustificar
razoadamente os deberes que ten o individuo coa sociedade e a sociedade co
individuo.
5. Coñecer e identificar os grandes
problemas morais que tivo e ten a sociedade en xeral e a nosa en particular e
saber responder á busca de solucións para resolver ben os conflitos, ética e
civicamente.
6. Identificar e apreciar os valores
morais que universalmente poden considerarse como desexables e a súa diferente
proxección nos principais proxectos éticos contemporáneos.
7. Valorar os Dereitos Humanos como
conquista irrenunciable da humanidade e condición necesaria para a paz,
denunciando aquelas situacións que se consideren discriminatorias e inxustas no
mundo actual, tanto na contorna máis próxima coma noutras zonas máis afastadas.
8. Desenvolver valores e actitudes
solidarios cos pobos, grupos sociais e persoas privadas dos seus dereitos ou
dos recursos económicos necesarios para unha vida digna.
9. Valorar o pluralismo das sociedades
contemporáneas, especialmente das europeas, identificando as razóns en que se
basean as distintas formulacións que conviven, e adoptando unha actitude de
respecto polas opcións éticas e os proxectos morais diferentes dos propios.
10. Rexeitar de xeito crítico e reflexivo
os intentos de xustificación das discriminacións por razón de nacemento, sexo,
raza, lingua, crenzas ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou
social.
11. Analizar as diferentes formas de
organización política das sociedades actuais, sobre todo os sistemas
democráticos e o estado social de dereito, recoñecendo a vinculación entre o
gozo dos dereitos persoais e o respecto polos dereitos das outras persoas.
12. Coñecer as ideas básicas dalgunhas
teorías éticas, diferenciando as éticas materiais das éticas formais e
aplicárllelas aos fundamentos dos xuízos morais, utilizando os procedementos
específicos da reflexión filosófica e entendendo que na argumentación moral son
posibles fundamentos diferentes e, eventualmente, contrapostos.
13. Valorar os dereitos e obrigas que se
derivan da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e da Constitución
Española, identificando os principios que os fundamentan.
14. Formarse unha idea axustada do que
significa a democracia como proxecto ético e saber xustificar as relacións
necesarias entre ética e política.
15. Participar de xeito racional e
construtivo nas actividades de clase, valorando o diálogo como medio para
superar prexuízos e posicións dogmáticas e como procedemento privilexiado para
a reflexión ética que favoreza o respecto mutuo e a cooperación, dando razóns
que xustifiquen as afirmacións propias e pedíndolles aos outros que xustifiquen
as súas.
16. Apreciar os principios que fundamentan
os sistemas democráticos e o funcionamento do Estado español e da Unión
Europea, tomando conciencia do patrimonio común e da diversidade que, de forma
concreta, caracteriza nestes momentos a realidade social e cultural galega.
COMPETENCIAS BÁSICAS
O carácter integrador
da materia de Educación ético-cívica fai que a súa aprendizaxe
contribúa á adquisición da totalidade de competencias básicas propostas
no currículo oficial.
A Educación ético-cívica
relaciónase directamente coa competencia social e cidadá, pero a
complexidade das sociedades democráticas esixe facerlle fronte a unha serie de
novos desafíos como o coidado do medio, a orientación do desenvolvemento
tecnocientífico, a responsabilidade polas xeracións futuras, a igualdade entre
os sexos, a loita contra novas formas de exclusión social e contra as
existentes, que impiden desvincular a competencia social e cidadá do
desenvolvemento das demais competencias básicas. Negarlle á cidadanía a
participación no debate sobre estas cuestións, entre outras, sería
contraditorio cos valores democráticos. Unha cidadanía activa debe ter
capacidade de elixir, pero ser capaz de elixir esixe ser capaz de formular
preguntas, observar, seleccionar, analizar, sintetizar información e
transformala en coñecemento, facer explícitas as ideas, construír argumentos,
propoñer hipótese etc. Estamos a falar de destrezas relacionadas con diferentes
competencias (competencia en comunicación lingüística, para aprender a
aprender, autonomía e iniciativa persoal etc.), que é necesario adquirir se o
obxectivo é a formación integral do alumnado e a súa preparación para a vida
social.
En relación coa competencia
social e cidadá, a educación para a cidadanía propicia a adquisición de
habilidades para vivir en sociedade e para exercer a cidadanía democrática,
pois favorece o desenvolvemento de destrezas que permiten participar, tomar
decisións, elixir a forma axeitada de comportarse en determinadas situacións,
así como responsabilizarse das consecuencias derivadas das decisións adoptadas.
Contribúe, do mesmo xeito, a reforzar a autonomía, a autoestima e a identidade
persoal, a tomar conciencia e facilitar a expresión dos propios pensamentos,
valores, sentimentos e accións, a impulsar os vínculos persoais baseados nos
sentimentos e os valores da convivencia e a participación; contribúe a fomentar
habilidades sociais destinadas a mellorar as relacións interpersoais. O
coñecemento da diversidade axuda a xerar sentimentos non excluíntes e a
interiorizar o valor de respecto, así como a aceptar e usar convencións e
normas sociais facilitadoras da convivencia. A sensibilización ante as
situacións de discriminación e inxustiza permite consolidar os valores de
cooperación, solidariedade, xustiza, non violencia, compromiso e participación
tanto no ámbito persoal coma no social. A práctica do diálogo axuda a afrontar
e resolver as situacións de conflito mediante procedementos non violentos.
Contribúese tamén á
dimensión ética da competencia social e cidadá ao favorecer a
identificación e reflexión crítica sobre os valores da contorna e ao ofrecer
como referente ético común os valores que sustentan a Declaración Universal dos
Dereitos Humanos, a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.
Contidos específicos como o coñecemento dos fundamentos e os modos de
organización das sociedades e dos estados democráticos, a evolución histórica
dos dereitos humanos, o achegamento á pluralidade social ou ao carácter da globalización
e as implicacións que comporta para os cidadáns, proporciónanlle ao alumnado
instrumentos para construír, aceptar e practicar normas de convivencia acordes
cos valores democráticos, exercer os dereitos e liberdades e asumir as
responsabilidades e deberes cívicos.
A Educación para a
Cidadanía, a través da educación afectivo-emocional, contribúe tamén ao
desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, porque
facilita o recoñecemento das propias capacidades e carencias e as habilidades
para tirar proveito das primeiras e superar as segundas. Por outra banda, o
desenvolvemento do diálogo e a valoración das razóns doutras persoas require
admitir a diversidade de respostas ante un mesmo problema. Así mesmo, o
estímulo das destrezas orientadas á recompilación e á síntese de información, á
transformación da información en coñecemento, ao desenvolvemento das
habilidades sociais que permiten o traballo en equipo e a participación
favorecen tamén as aprendizaxes posteriores.
Os contidos da educación para
a cidadanía potencian tamén o desenvolvemento da competencia básica
autonomía e iniciativa persoal, xa que a reflexión sobre as relacións
entre intelixencia, sentimentos e emocións posibilita o coñecemento de un
mesmo, o autocontrol e o equilibrio emocional necesarios para desenvolver un
comportamento autónomo. O coñecemento da achega de distintas teorías éticas,
facilita a creación dun código moral propio. Por outra banda, os contidos
procedimentais do currículo atenden especialmente á argumentación, á
elaboración de ideas propias, ao estudo de casos que esixa un posicionamento
persoal sobre un problema e á busca de posibles solucións. Considera tamén a
necesidade de planificar, tomar decisións con criterio propio e asumir a
responsabilidade da elección. A formulación de dilemas morais, que caracterizan
as materias desta área, contribúe tamén a que as alumnas e alumnos constrúan un
xuízo ético propio baseado nos valores e prácticas democráticas.
O uso sistemático do
diálogo e o debate contribúe á competencia en comunicación lingüística.
Debater en serio esixe exercitarse na escoita, na exposición e na argumentación
e para iso é necesario verbalizar os conceptos, facer explícitas as ideas,
formar os xuízos e estruturalos de forma coherente.
A necesidade de buscar,
obter, analizar, sintetizar e relacionar a información procedente de distintas
fontes, comprendela e integrala para producir coñecemento, comunicala, facer
inferencias e deducións son procedementos que contribúen tamén a desenvolver a competencia:
tratamento da información e competencia dixital.
A educación para a
cidadanía permite tamén mellorar a competencia cultural e artística,
porque o desenvolvemento de habilidades sociais para a convivencia nunha
sociedade plural esixe ser capaz de apreciar o feito cultural nas súas diversas
manifestacións.
Ser conscientes da
importancia do uso responsable dos recursos naturais, da necesidade de
preservar o medio, potenciar o consumo responsable e unha forma de vida
saudable, son contidos cos que desde a educación para a cidadanía é posible
contribuír tamén ao desenvolvemento da competencia en coñecemento e
interacción co mundo físico.
Finalmente, a competencia
matemática tamén se estimula mediante o emprego e a comprensión dos
aspectos cuantitativos de informacións sobre os feitos da realidade social e
ético-cívica que se estuden. Os traballos que se elaboren nesta materia
facilitarán o emprego significativo de nocións de estatística básica, o uso de
escalas numéricas e gráficas
A materia de Educación ético-cívica mantén unha vinculación
especial coa competencia básica nº 5: Social e Cidadá. Así, todos os
nosos enunciados están relacionados con ela. Pero a súa contribución é
decisiva para o desenvolvemento das restantes. Destacamos, a continuación, as
relacións entre as nosas competencias específicas e as competencias básicas
establecidas no currículo oficial.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO
CURRICULO
1.
Interpretar e empregar a información
(verbal, estatística e icónica) sobre os criterios específicos que fundamentan
a moralidade humana, sobre todo os relacionados coa dignidade da persoa e a súa
liberdade, aplicando para isto as tecnoloxías da información e a comunicación.
(C.B. 5, 1, 2, 7,8)
2.
Actuar de acordo a normas e leis ético-cívicas
defendendo o seu valor como medio regulador das relacións persoais no ámbito
académico, social e familiar. (C.B. 5, 1, 6,8)
3.
Posuír coñecementos e manter opinións
correctas respecto das diferentes condutas morais, destacando aquelas que fan
referencia á realidade galega e buscando semellanzas e diferenzas cos doutros
contextos. (C.B. 5, 1, 6 ,7, 8)
4.
Realizar traballos acerca dos factores
que interveñen nas condutas ético-cívicas que supoñan tomar decisións libres e
que aclaren as responsabilidades persoais e sociais destas. (C.B. 5, 7, 8)
5.
Identificar e valorar os sentimentos que se
experimentan ante situacións de desigualdade, inxustiza, violación de dereitos
humanos, marxinación, paro, pobreza, violencia de xénero, analizando,
especialmente aquelas que teñen lugar na Comunidade de Galicia. (C.B. 5, 8)
6.
Participar activamente en situacións de
diálogo, coloquio e debate respectando as súas normas básicas e diferenciando
entre argumentos e opinións. (C.B. 1, 5, 7, 8)
7.
Expoñer de forma sistemática, clara e
fundamentada as causas e o alcance dos problemas de violencia que afectan á
sociedade, particularmente á galega, contrastándoos cos doutros contextos.
(C.B. 1, 5, 8)
8.
Identificar a multiplicidade de factores
que interveñen no desenvolvemento de determinados conflitos, especialmente
aqueles que proveñen de situacións de violencia de xénero, delimitando a súa
importancia e mostrando alternativas fundamentadas para a súa solución. (C.B.
5)
9.
Mostrar actitudes de defensa e respecto
polas institucións democráticas e reflexionar en grupo sobre os problemas que o
exercicio do poder, non exercido segundo normas e leis éticas, poden xerar na
sociedade. (C.B. 3, 5, 6)
10.
Identificar e caracterizar diferentes
formas de concreción do ordenamento xurídico como instrumento de regulación da
convivencia, especialmente no ámbito da Comunidade de Galicia, comprendendo a
complexidade e transcendencia do seu exercicio de acordo co dereito e a
xustiza. (C.B. 3, 5)
11.
Analizar os valores fundamentais da
Constitución Española, as liberdades básicas e o pluralismo político que
delimita o seu articulado, mostrando actitudes críticas ante posibles
comportamentos sociais que non a respectan. (C.B. 3, 5, 6).
12.
Obter, seleccionar e procesar
información utilizando fontes diversas e os novos medios de información e
comunicación, así como elaborar novas informacións utilizando as axeitadas
estratexias e técnicas do traballo intelectual tales como a análise crítica,
recolleita de datos, comparacións ou síntese, entre outras. (C.B. 4, 5, 7, 8).
13.
Obter novas relacionadas coas
discriminacións e violacións dos dereitos humanos no mundo actual, analizando
as causas e consecuencias que implica o incumprimento dos devanditos dereitos,
utilizando fontes diversas e os novos medios de información e comunicación.
(C.B. 4, 5, 7, 8).
14.
Utilizar o diálogo e o debate na
formulación dos conflitos e dilemas morais, estimulando a capacidade
argumentativa. (C.B. 1, 4, 5, 7)
CONTIDOS
Real decreto 1190/2012, do 3 de agosto, polo que se
modifican o Real decreto 1513/2006, do 7 de decembro, polo que se establecen as
ensinanzas mínimas da educación primaria, e o Real decreto 1631/2006, do 29 de
decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á
educación secundaria obrigatoria.
Bloque 1. Contidos comúns.
Recoñecemento dos criterios, valores e argumentos implicados
en diferentes posturas éticas e políticas.
Preparación e realización de debates sobre problemas do
contorno inmediato ou de carácter global, sobre cuestións de actualidade e
dilemas ético-cívicos, considerando as posicións e alternativas existentes.
Análise comparativa e avaliación crítica de informacións
proporcionadas polos medios de comunicación sobre un mesmo feito ou cuestión de
actualidade.
Recoñecemento das violacións de dereitos humanos e de
liberdades e das inxustizas no mundo contemporáneo. A liberdade e a xustiza
como obxectivo. Participación en proxectos que impliquen solidariedade dentro e
fóra do centro.
Bloque 2. Liberdade e
responsabilidade.
O carácter moral e social das accións humanas. Liberdade e
responsabilidade como condicións de posibilidade da acción política e moral.
Os criterios morais e a noción de valor. O ben e a xustiza
como valores fundamentais da acción persoal e social humana.
A especificidade do discurso sobre o bo e o xusto.
Presentación do ámbito de reflexión propio da filosofía.
Bloque 3. Teorías éticas. Os
dereitos humanos.
As teorías éticas.
Os dereitos humanos como referencia universal para a conduta
humana. Dereitos cívicos e políticos. Dereitos económicos, sociais e culturais.
Evolución, interpretacións e defensa efectiva dos dereitos humanos.
As diferenzas sociais e culturais. Rexeitamento das
actitudes de intolerancia, inxustiza e exclusión.
Os dereitos humanos nas novas tecnoloxías da información. Os
dereitos humanos e o respecto á vida e á dignidade humana no contexto da nova
biotecnoloxía.
Bloque 4. Ética e política.
A democracia. Os valores constitucionais.
Democracia e participación cidadá.
Institucións democráticas do Estado español, das comunidades
autónomas e da Unión Europea: fundamento e funcionamento. O ordenamento
xurídico español como instrumento de regulación da convivencia. Institucións e
normas fundamentais.
A Constitución española. Dereitos e deberes fundamentais na
Constitución. Educación cívico-tributaria.
Bloque 5. Problemas sociais
do mundo actual.
Factores que xeran problemas e discriminacións. Valoración
ética desde os dereitos humanos. Propostas de actuación.
A globalización e o desenvolvemento. Poder e medios de
comunicación.
Cidadanía global. Desenvolvemento humano sustentable.
Cooperación. Os movementos comprometidos na defensa dos dereitos humanos.
Os conflitos armados e a actuación da comunidade
internacional na súa resolución.
Bloque 6. A igualdade entre
homes e mulleres.
Dignidade da persoa, igualdade en liberdade e diversidade.
Causas e factores da discriminación das mulleres. Igualdade
de dereitos e de feito.
Alternativas á discriminación. Prevención e protección
integral da violencia contra as mulleres.
CONTIDOS (Secuenciados e temporalizados)
1ª AVALIACIÓN
Bloque 1.
Contidos comúns.
Bloque 2.
Liberdade e responsabilidade.
2ª AVALIACIÓN
Bloque 3.
Teorías éticas. Os dereitos humanos.
Bloque 4.
Ética e política. A democracia. Os valores constitucionais.
3ª AVALIACIÓN
Bloque 5.
Problemas sociais do mundo actual
Bloque 6. A
igualdade entre homes e mulleres.
CONTIDOS MÍNIMOS
1-
Recoñecerse e
recoñecer os demais como persoas
2-
Aprender o valor da
convivencia
3-
Entender o significado
de ser morais
4-
Recoñecer as distintas
teorías éticas e os seus principais representantes
5-
Coñecer en
profundidade os dereitos humanos e entender que non só atinxen a uns poucos
6-
Valorar a importancia
da democracia como forma de goberno e as súas consecuencias
7-
Recoñecer nos outros a
persoas iguales e potenciar o rexeitamento da discriminación
8-
Recoñecer o concepto
de cidadaniía e todo o que ela conleva
9-
Entender a paz como
unha necesidade ética
10-
Recoñecer a igualdade
entre home e muller e rexeitar a violencia de xénero
TEMPORALIZACIÓN
1ª Avaliación: bloque 1 y 2
2ª Avaliación: bloque 3 y4
3ª Avaliación: bloque 5 y 63
AVALIACIÓN
Criterios de avaliación.
1. Coñecer os trazos propios da moralidade humana e os
conceptos básicos da estrutura moral dos seres humanos.
2. Diferenciar os trazos básicos que caracterizan a
dimensión moral das persoas (as normas, a xerarquía de valores, os costumes
etc.) e os principais problemas morais.
3. Identificar e expresar as principais teorías éticas.
4. Recoñecer os dereitos humanos como principal referencia
ética da conduta humana e identificar a evolución dos dereitos cívicos,
políticos, económicos, sociais e culturais.
5. Comprender e expresar o significado histórico e
filosófico da democracia como forma de convivencia social e política.
6. Recoñecer os valores fundamentais da democracia na
Constitución española e a noción de sistema democrático como forma de
organización política en España e no mundo.
7. Analizar as causas que provocan os principais problemas
sociais do mundo actual, utilizando de forma crítica a información que
proporcionan os medios de comunicación, e identificar solucións comprometidas
coa defensa de formas de vida máis xustas.
8. Recoñecer a existencia de conflitos e as súas principais
causas. Valorar o dereito internacional humanitario.
9. Distinguir igualdade e diversidade e as causas e factores
de discriminación. Coñecer os principais fitos na historia dos dereitos das
mulleres. Rexeitar calquera discriminación ou violencia cara á muller.
10. Xustificar as propias posicións utilizando
sistematicamente a argumentación e o diálogo e participar de forma democrática
e cooperativa nas actividades do centro e do contorno.
11. Identificar problemas éticos das tecnoloxías da
información e a comunicación e do noso modelo de desenvolvemento tecnolóxico.»
Instrumentos e porcentaxe de valor
Haberá tres
instrumentos de avaliación:
Probas de contidos. Avaliará sobre todo os contidos
conceptuais. Será, polo menos, unha por avaliación e suporá o 60% da nota.
Traballos.Será, polo menos, un por avaliación e
suporá o 30% da nota. Serán individuais ou en pequenos grupos. Estos traballos
serán guiados (pautas, cuestións, etc) ou libres (indicarase só a temática).
Actitudes: Neste punto terase en conta a
puntualidade, o traballo, e a participación na clase. Cada vez que o alumno non
cumpla con estas actitudes perderá unha décima da súa nota.
A nota de cada
avaliación será a suma das notas de estos tres elementos de avaliación.
A
nota final suporá a media das tres avaliacións, sempre e cando o alumno teña ó
menos un catro en cada unha delas, senón a materia estará suspensa
Actividades de recuperación
Os alumnos poderán realizar unha proba
extraordinaria da asignatura de non superala, nas datas que determinen as
Administracións educativas.
Esta proba extraordinaria atenderá ós mecanismos de
recuperación propostos no apartado anterior atendendo ás dificultades non
superadas polo alumno.
Como norma xeral e debido a súa condición de
extraordinaria consistirá nunha proba de control e evaluará a adquisición dos
contidos mínimos, tendo tamén presente que a materia ten outras facetas a
recuperar, e polo tanto terá que avaliarse a boa disposición do alumno cara a
asignatura
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA SETEMBRO
O alumnado coa materia pendente para setembro
realizará una proba escrita sobre os contidos mínimos da materia
MÉTODOS PEDAGÓXICOS
1- - Principios
metodolóxicos
A metodoloxía nesta materia ten que partir dunha
serie de principios que se poderían concretar así:
- Tratar
de describir que acontece na mente dos alumnos e alumnas ó abordar calquera dos
temas: conceptos, valores, aprendizaxes previos, de modo que poda construír
unha aprendizaxe significativa.
- Valorar
as ideas e destrezas dos alumnos e alumnas de modo que se desenvolva a súa
autoestima como o primeiro dos valores, fundamental para a adquisición doutros
valores (solidaridade, tolerancia etc) e actitudes que son contidos desta área.
-
Posibilitar que os alumnos e alumnas realicen aprendizaxes significativos ou
que aprendan a aprender.
Tratar de que os alumnos e alumnas realicen no
proceso da aprendizaxe unha actividade mental que lles leve a reflexionar e
razoar criticamente sobra as súas propias ideas e actuacións.
2.- Estratexias
didácticas
- Expositivas para a presentación de
temas, feitos e conceptos, de modo que axuden os alumnos e alumnas a situarse
claramente e a ter unha visión panorámica ou introductoria de calquera dos
temas do curso.
- De indagación nas que se enfronte os
alumnos e alumnas con problemas nos que teñan que utilizar reflexivamente conceptos,
procedementos e actitudes, garantindo así a súa adquisición. Trataríase de
debates, investigación sinxelas, percura e selección de información...
- Organizativas de modo que a
organización do traballo estea presidida pola diversidade de actividades:
tempos de explicación, tempos de traballo individual en pequenos grupos e
tempos de posta en común.
3.- Aplicación ó
platexamento das unidades didácticas
3.1.- Motivación e exploración de ideas previa
Antes de comenzar a explicación de cada unidade faise
necesario pulsar o estado das concepcións previas dos alumnos, co gallo de
orientar o traballo conforme os xuízos e prexuízos que os alumnos e alumnas
amosen e de rexeitar as ideas equivocadas que podan ter sobre o tema. Este
traballo axuda a suscitar o interese por afondar nos contidos.
3.2.- Organización dos contidos
Información básica e complementaria: calquera
material curricular debe contemplar a posibilidade de establecer niveis de
diferenciación de contidos co obxecto de atender as diferencias individuais dos
alumnos e alumnas. Por este motivo establecerase unha diferenciación entre os
dous niveis de contidos: a información básica e a información complementaria.
A información básica contén a información esencial,
os aspectos considerados como contido mínimo de aprendizaxe para todos os
alumnos e alumnas.
Os desenvolvementos monográficos analizan en
profundidade algún elemento ou aspecto da información esencial
3.3.- As actividades
Están deseñadas cun triple propósito: consolidar a
aprendizaxe, promover a reflexión e a toma de conciencia e facilitar a
adaptación a diversidade do alumno.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
LIBRO DE TEXTO
|
Título do libro
|
ÉTICA E
CIDADANÍA
|
Editorial
|
OBRADOIRO
SANTILLANA
|
|
Autor
|
VVAA
|
|
Data autorización
|
2012
|
|
ISBN
|
978-84-8224-848-6
|
Faremos diversas
lecturas relacionadas cos contidos da materia que iremos determinando en
función dos intereses e capacidades do alumnado. Tamén traballaremos do mesmo
modo coas películas e artigos perodísticos
TEMAS TRANSVERSAIS
O presente documento mostra integradas as ensinanzas
transversais nos obxectivos, nos diferentes bloques de contido e nos criterios
de avaliación. A materia de Educación para a Cidadanía concretará a súa
relación coas ensinanzas transversais nas propostas de aula.
Podemos mostrar a vinculación coa educación moral,
cívica, para a paz e para a igualdade de oportunidades entre sexos
por medio do fomento do desenvolvemento de actitudes como:
-
A tolerancia
intelectual para aceptar e estar aberto a obras, opinións, interpretacións e
puntos de vista diferentes dos propios, asumindo que a discrepancia é necesaria
para acadar solucións máis ricas e integradoras,
-
Crítica ante mensaxes
que denoten unha discriminación sexual, racial, social etc.
-
Disposición aberta a
buscar parte da explicación de sucesos actuais nos seus antecedentes
sociohistóricos.
-
Valoración crítica
dos prexuízos sexistas presentes nos nosos costumes e recuperación e
integración do patrimonio cultural das mulleres.
-
Valoración dos
dereitos humanos como unha conquista histórica e rexeitamento de calquera forma
de violación destes, así como de todo tipo de discriminación por razóns de
idade, sexo, raza, nacionalidade e relixión.
Tamén a educación para a saúde, para o consumo,
ambiental e viaria cobran importancia subliñando actuacións vinculadas a
contidos do seguinte tipo:
-
Interese por coñecer
e gozar de obras, obxectos e logros sociais, culturais, técnicos, artísticos.
-
Contribución para a
conservación do patrimonio social e cultural.
-
Disposición favorable
á conservación e mellora do medio natural.
-
Recoñecemento dos
graves problemas aos que se enfronta a vida humana sobre a Terra.
-
Sensibilidade cara á
racionalización no uso dos recursos naturais.
-
Actitude crítica ante
a repartición desigual dos recursos e solidariedade cos que sofren escaseza de
alimentos e recursos.
-
Disposición activa á
cooperación por conservar e arrequentar o patrimonio social e cultural.
Por suposto a materia ten unha relación moi estreita coa
problemática da convivencia. Por elo dende esta materia se promoverán actitudes
encamiñadas a acadar unha convivencia pacífica na aula, no centro e dentro da
propia comunidade
ATENCIÓN A DIVERSIDADE
1.- Atención a diversidade na programación
Un dos obxectivos principais dun ensino de calidade
é ofrecer un achegamento a propia realidade dos alumnos e alumnas tanto o seu
entorno como as súas propias aspiracións , capacidade e intereses. Esto é
particularmente relevante na área de ética, moi marcada polas distintas
personalidades dos propios alumnos e alumnas e pola diferente percepción do
medio social e a realidade xeográfica, socioeconómica, cultural etc.
Polo que a programación terá en conta que non todos
os alumnos e alumnas conquiren ó mesmo tempo e coa mesma intensidade os
contidos tratados e así hai que asegurar un nivel mínimo para todos os alumnos
e alumnas ó final da etapa e permitir, a vez, que os alumnos e alumnas máis
avantaxados podan ampliar os seus coñecementos máis alá dese mínimo común.
Estes obxectivos acadaranse mediante un
plantexamento das unidades en dous niveis. Nun primeiro nivel platearanse as
ideas xerais e básicas sobre o tema concreto, para pasar, nun segundo nivel de
profundización, ó estudio de temas concretos. O primeiro nivel ten que ser
asimilado por todos os alumnos e alumnas, en tanto que os contidos do segundo
nivel pode ser traballado máis ou menos profundamente segundo as capacidades de
cada e alumno e alumna en concreto.
As actividades de cada unidade tamén teñen que
reflectir esta diversidade. Unha serie de actividades servirán para comprobar o
grado de comprensión dos contidos básicos por parte dos alumnos e alumnas e
correxir os mal aprendidos. Outras actividades deberán comprobar a capacidade
de xuízo crítico e de análise de problemas por parte dos alumnos e alumnas e
permitirán unha avaliación a distintos niveis.
2.- Atención a diversidade na metodoloxía
As estratexias didácticas serán de dous tipos:
- unha
estratexia expositiva dos contidos básicos. O obxectivo é asegurarnos de que os
contidos básicos son comprendidos por todos os alumnos e alumnas, definindo
claramente o nivel que se quere acadar,
- unha
estratexia indagatoria no caso dos contidos específicos, que permitan ós
alumnos e alumnas indagar nas súas capacidades segundo sexan as súas
capacidades e intereses.
A área de ética ten unha grande capacidade formativa
desde o punto e vista das actitudes e da socialización dos alumnos e alumnas.
Neste sentido é importante realizar actividades que vinculen a toda a clase:
traballos de grupo, debates, posta en común, saídas externas etc. e nas que os
alumnos e alumnas poñan na práctica as normas de convivencia en sociedade,
tolerancia cara as ideas dos demais etc.
De maneira máis
concreta pasamos a especificar os instrumentos para atender a diversidade:
-
variedade metodolóxica, variedade de actividades de reforzo e profundización,
multiplicidade de procedementos de avaliación da aprendizaxe, diversidade de
mecanismos de recuperación, traballos en pequenos grupos, traballos
voluntarios,
Estes instrumentos poden ser complementados con
algunhas medidas que permitan unha axeitada atención a diversidade, como: facer
unha avaliación inicial, favorecer a existencia dun clima bo de aprendizaxe na
aula, insistir nos reforzos positivos para mellorar a autoestima etc.
Cando estas medidas non chegasen para atender a
diversidade habería que acudir a diversidade
de carácter extraordinario tanto das deficiencias en capacidades de
lectura, comprensión do que se le, utilización de técnicas de estudio
axeitadas, expresión oral e escrita, como os atrancos que nacen de problemas de
incapacidade física ou psíquica para seguir o Proxecto curricular deseñado
nesta programación.
Os alumnos con
dificultades físicas ou psíquicas que impidan seguir o desenvolvemento normal do Proxecto curricular,
previo informe psicopedagóxico do Departamento de Orientación, elaborárase, coa
necesaria asesoría do mesmo, a adaptación curricular necesaria no referido a:
adaptación de obxectivos e contidos, gradación de criterios e procedementos de
avaliación, metodoloxía, agrupamentos, organización espacio- temporal,
programas de desenvolvemento individual, reforzos, adaptación ó ritmo de
aprendizaxe dos alumnos e alumnas.
TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA
Debido a que a materia
só conta cunha hora semanal, na clase vai ser case imposible adicar tempo á
lectura, pero as lecturas que se fagan de xeito obrigatorio e que contribúan a
reforzar os contidos da materia, serán controladas pola profesora mediante unha
proba ou un traballo, que amosará se foi comprendida
TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC
A materia se presta
moito ó uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, por iso se
o tempo o permite trataremos de que o alumnado contacte a través da Internet
con foros internacionais que lle permitan coñecer outras realidades e
organismos que determinan a súa vida
Criterios para avaliar a propia programación.
Valorarase no
seguimento da programación ata que punto a programación se adecúa ó realmente
impartido co programado